hosteleria
El tiempo

A bandeira azul lucirá este verán en 20 praias lucenses

None
23.05.2013

23.05.2013. Aínda que as condicións meteorolóxicas non están axudando moito para irnos facendo á idea, a época estival está á volta da esquina e os distintivos de calidade ambiental que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) foron anunciados hoxe.

Segundo se desprende do informe feito público por esta asociación sen ánimo de lucro, este ano serán 138 as bandeiras azuis que ondeen na costa galega, 20 das cales o farán en praias da provincia de Lugo. Desde xeito, haberá insignias nos areais de O Portelo e A Marosa en Burela; Abrela en O Vicedo; Esteiro en Xove; Areoura, Peizás, Arealonga, Llas, A Rapadoira e As Polas en Foz; Arealonga, A Pasada, Lóngara, Acantilado-Remior, Altar, San Bartolo e Fontela-Valea en Barreiros; e Os Castros-Illas, As Catedrais e Esteiro en Ribadeo.

Enviar a un amigo
Proxecto desenvolto por: Transmedia Comunicación