hosteleria
El tiempo

Cafés que salvan vidas

20.02.2014

20.02.2014. A ONG Acción Contra el Hambre e a Federación Española de Hostelería (FEHR) uníronse por terceiro ano consecutivo para pór en marcha a campaña Operación Café. O obxectivo é recadar fondos para a loita contra a desnutrición infantil ofrecendo cafés solidarios.

Operación Café terá lugar do 15 de marzo ao 30 de abril. Os bares, cafeterías e restaurantes que participen na campaña doarán 0,10 € por cada café solidario que pida o cliente. Ademais, estes últimos tamén poden colaborar realizando un donativo na hucha que haberá nos establecementos participantes ou enviando un SMS coa palabra CAFE ao 28010.

Os establecementos hostaleiros da provincia de Lugo pódense unir a esta campaña ata o día 27 de febreiro contactando coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo no correo comunicacion@apehl.org ou no teléfono 982 226 912.

Enviar a un amigo
Proxecto desenvolto por: Transmedia Comunicación