01.04.2016. Mañá, sábado 2 abril, celébrase o Día Mundial de Concienciación do Autismo e, con ese motivo, Raiolas Lugo –a asociación de pais e nais con fillos/as afectados de TEA (Trastornos do Espectro Autista)– ten programado unha serie de actos, entre os que se atopa a presentación da iniciativa Almorzo Solidario, á que asistirá o presidente da Apehl, Cheché Real, e que terá lugar ás 11.30 horas na praza de San Marcos.
A iniciativa consiste en que, durante o mes de abril, varios establecementos hostaleiros da cidade de Lugo lles ofertarán aos seus clientes un Almorzo Solidario, de xeito que estes terán á súa disposición unhas huchas nas que poderán depositar donativos que irán destinados a fondos para Raiolas.
Esta é a lista de establecementos participantes: Lúa, Xoldra, Brisas, Os Tilos, Fiordilatte, O Mercado Street Food, Bríos, La Encina, Millenium, Mesón O Cunqueiro, Metrópolis, La Ideal, San Marcos, Arrocería Os Cachivaches, Porta Santiago, España e Canela Bakery Coffee.
● Enviar a un amigo